Contos do mar de Irlanda

image

“As cousas do mar non se contan na terra” contaba o Machín de Muxía.
Hoxe viaxei alén do paralelo 48 grados N.
Presentouse na biblioteca de Marín “Contos do mar de Irlanda” libro do polifacético Xurxo Souto que recolle a experiencia de distintos mariñeiros galegos no mar do Gran Sol.
Na presentación estivo de mestre de cerimonias o meu gran amigo Xosé Emilio Dopazo marinense comprometido coa súa terra e con Galicia. Foi unha homenaxe aos mariñeiros de Marín Tomé de Raxo, José dopazo Posse e Benito Lobeira. Asistín sen saber o que iba a atopar. Foi un acto fermoso, unha ledicia, cheo de emoción ó escoitar a Xurxo contar historias dos nosos mariñeiros, desenmarañando ese saber gremial vedado para xente de terra. Emoción ó escoitar a Xosé Emilio e o seu pai contando a estremecedora historia de cando foron a buscar, despois de 60 anos, o seu pai, o seu avó, mariñeiro morto e enterrado nun cimiterio dunha vila de Irlanda.
Durante o transcurso falouse de mar, do noso mar, do mar de todos/as e dos grandes heroes que deixaron familias e aínda a súa vida en terras irlandesas. O Gran Sol como centro de Interese e Xurxo Souto arrancándose co seu acordeón e nos acompañandoo cantando cancións mariñeiras mentras que fóra a chuvia e o vento traían o son e as voces escuras e misteriosas dos nosos mariñeiros berrando: saúde e océano.

Esta entrada fue publicada en Sin categoría. Guarda el enlace permanente.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s